InicioEmpresasTipos de contratos de traballo
        Calendario do emprego
   
 \n"; for ($calendario_coln = 0; $calendario_coln < 7; $calendario_coln++){ $calendario_posicion = array (1,2,3,4,5,6,0); echo ' \n"; } echo " \n"; } ?>
\n"; echo ' '; if($calendario_fila == 0)echo ''.$calendario_diasSem[$calendario_coln]; elseif(($calendario_numMes && $calendario_numMes < $calendario_ultimoDia) || (!$calendario_numMes && $calendario_posicion[$calendario_coln] == $calendario_fechaInicioMes)){ $result_calendario = mysql_query("SELECT COUNT(id_calendario) AS num FROM calendario WHERE fecha='".$calendario_ano."-".$calendario_mes."-".($calendario_numMes + 1)."'"); $row_calendario = mysql_fetch_array($result_calendario); ++$calendario_numMes; if($row_calendario["num"]>0){ $font_color=$calendario_font_color_activado; echo ''; }else { $font_color=$calendario_font_color_desactivado; //echo ''; } if($calendario_ano==anhoActual() && $calendario_mes==mesActual() && $calendario_numMes == diaActual()) $font_color=$calendario_font_color_hoy; echo ''.$calendario_numMes . ''; if($row_calendario["num"]>=0) echo ''; } echo "
Empresas: Tipos de contratos de traballo

 

CONTRATOS DE TRABALLO


Contrato indefinido
Non ten límites de tempo na duración do contrato, na prestación dos servizos.


Contrato indefinido de fixos-discontinuos

É para realizar traballos que teñan o carácter de fixos descontinuos e non se repitan en datas certas, dentro do volume normal de actividade da empresa.


Contrato indefinido para persoas traballadoras con minusvalía
É un tipo de contrato que se incentiva para integrar as persoas con algunha minusvalía no mercado laboral


Contrato para o fomento da contratación indefinida
A súa finalidade é realizar a colocación estable de persoas traballadoras en situación de desemprego e persoas xa traballadoras suxeitas a contratos temporais.


Contratos para a formación
O seu obxecto é facilitar a adquisición da formación técnica e práctica necesaria para o desempeño axeitado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un nivel de cualificación susceptible de acreditación formal, ou no seu defecto, o nivel de cualificación de base de cada ocupación no sistema de clasificación da empresa.


Contratos en prácticas
A súa finalidade é facilitar a obtención da práctica profesional axeitada ao nivel de estudios cursados polas persoas traballadoras con título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos recoñecidos oficialmente como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional.


Contrato Temporal para persoas traballadoras desempregadas en situación de exclusión social

É un tipo de contrato que se incentiva para integrar as persoas con algunha situación de exclusión social no mercado laboral.


Contrato de obra ou servizo determinado

A súa finalidade é a realización dunha obra ou prestación dun servizo, con autonomía e substantividade propia dentro da actividade da empresa e a execución da cal, aínda que limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta


Contrato eventual por circunstancias da produción
Este contrato ten como finalidade atender as esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.


Contrato de interinidade
É para substituír unha persoa traballadora con dereito a reserva de posto de traballo, en virtude de norma, convenio colectivo ou acordo individual, ou para cubrir temporalmente un posto de traballo durante o proceso de selección ou promoción, para a súa cobertura definitiva, así como para substituír traballadores/as en formación por traballadores/as beneficiarios/as de prestacións por desemprego.


Contrato en substitución por anticipación da idade de xubilación
A súa finalidade é a contratación de persoas traballadoras desempregadas en substitución de persoas traballadoras que anticipen a súa idade ordinaria de xubilación de 65 a 64 anos


Contrato de relevo
É o que se realiza cunha persoa en situación de desemprego ou que tivese concertado coa empresa un contrato de duración determinada, para substituír parcialmente unha persoa traballadora da empresa que accede á pensión de xubilación de forma parcial, pois a percibe simultaneamente coa realización dun traballo a tempo parcial na mesma empresa.


Contrato a tempo parcial
O contrato de traballo entenderase realizado a tempo parcial cando se acorde a prestación de servizos durante un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dunha persoa traballadora a tempo completo comparable.


Contrato temporal de persoas con minusvalía

As empresas poderán contratar temporalmente para a realización das súas actividades, calquera que sexa a natureza destas, a persoas traballadoras con algunha minusvalía.


Contrato de interinidade con persoas traballadoras con discapacitade
Os contratos de interinidade que se realicen con persoas minusválidas desempregadas, para substituír traballadores e traballadoras minusválidos que teñan suspendido o seu contrato de traballo por incapacidade temporal durante o período que persista a devandita situación, darán dereito a unha bonificación do 100 por 100 das cotas empresariais da Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e nas achegas empresariais das cotas de recadación conxunta.


Contrato de traballo de grupo

É o contrato de traballo realizado entre o empresario ou empresaria e o xefe dun grupo de persoas traballadoras considerado na súa totalidade.


Contratos de traballo a domicilio
O contrato de traballo a domicilio é aquel en que a prestación da actividade laboral se realiza no domicilio do traballador ou traballadora ou no lugar libremente elixido por este.

 

Mais información:


INEM            Seguridad Social

Tipo:
Email:
Pass:
Rexistrar nova conta

Recuperar o password




   Aviso Legal  |  Privacidade  |  Contacto