InicioCandidatasA lei de igualdade
        Calendario do emprego
   
 \n"; for ($calendario_coln = 0; $calendario_coln < 7; $calendario_coln++){ $calendario_posicion = array (1,2,3,4,5,6,0); echo ' \n"; } echo " \n"; } ?>
\n"; echo ' '; if($calendario_fila == 0)echo ''.$calendario_diasSem[$calendario_coln]; elseif(($calendario_numMes && $calendario_numMes < $calendario_ultimoDia) || (!$calendario_numMes && $calendario_posicion[$calendario_coln] == $calendario_fechaInicioMes)){ $result_calendario = mysql_query("SELECT COUNT(id_calendario) AS num FROM calendario WHERE fecha='".$calendario_ano."-".$calendario_mes."-".($calendario_numMes + 1)."'"); $row_calendario = mysql_fetch_array($result_calendario); ++$calendario_numMes; if($row_calendario["num"]>0){ $font_color=$calendario_font_color_activado; echo ''; }else { $font_color=$calendario_font_color_desactivado; //echo ''; } if($calendario_ano==anhoActual() && $calendario_mes==mesActual() && $calendario_numMes == diaActual()) $font_color=$calendario_font_color_hoy; echo ''.$calendario_numMes . ''; if($row_calendario["num"]>=0) echo ''; } echo "
Candidatas: A lei de igualdade
MODIFICACIÓNS RELEVANTES PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES EN MATERIA LABORAL, QUE INTRODUCE A LEI DE IGUALDADE.
 

Preséntanse as modificacións máis relevantes que introduce a Lei de Igualdade en materia laboral, referidas á prestación por maternidade, á prestación por risco durante o embarazo, á creación das novas prestacións de paternidade e risco durante a lactancia, ás modificacións en materia de desemprego e ás introducidas no relativo á conciliación da vida laboral e familiar.

 A Lei de Igualdade entrou en vigor o 24 de marzo de 2007.
 
MATERNIDADE
 
  • Amplíanse o período de maternidade en dúas semanas máis, nos supostos de discapacidade de filla ou fillo, ou do menor adoptado ou acollido.
  • Poderase ampliar o permiso de maternidade 13 semanas nos supostos de parto prematuro ou nos que os recén nados precisen de hospitalización superior a sete días a continuación do parto.
  • O permiso de maternidade poderase gozar polo outro proxenitor ou proxenitora, se a nai falece, aínda que esta non realizase ningún tipo de traballo remunerado.
  • No caso de falecemento da filla ou fillo, a nai poderá concluír o período de maternidade, e dicir as 16 semanas.
  • Se o permiso de maternidade compártese e a nai non se incorpora ao traballo por causa de incapacidade temporal, o proxenitor ou proxenitora que estea a gozar o período cedido, poderá seguir gozándoo ata finalizalo.
  • Flexibilízanse os requisitos de cotización para o recoñecemento da prestación:
 
Non se esixirá cotización para traballadoras e traballadores menores de 21 anos.

Aquelas traballadoras e traballadores que teñan entre 21 e 26 anos, requiren ter cotizado 90 días nos derradeiros 7 anos ou 180 en toda a súa vida laboral.

Para aquelas traballadoras e traballadores de máis de 26 anos, esíxense 180 días nos derradeiros 7 anos ou 360 días en toda a súa vida laboral.

 
  • As traballadoras que non reúnan os requisitos de cotización esixidos terán dereito, no caso de parto, a unha prestación por maternidade de 42 días.
  • Establecese o dereito ao permiso e prestación de maternidade naqueles supostos de adopción e acollemento de menores de máis de 6 anos, se son discapacitados ou teñen especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas.
 
 RISCO DURANTE O EMBARAZO
 
  • Amplíase a prestación económica de risco durante o embarazo que pasa a ser do 100% da base reguladora (antes supuña o 75%).
AS NOVAS PRESTACIÓNS: PATERNIDADE E RISCO DURANTE A LACTANCIA
 
PATERNIDADE
 
  • Recoñécese un permiso de paternidade independente á prestación de maternidade, a gozar polo outro proxenitor ou proxenitora, que consiste en dous días de permiso (xa existentes con anterioridade a lei) e nunha suspensión do contrato de 13 días ininterrompidos nos supostos de nacemento de filla ou fillo, adopción ou acollemento.
  • Ampliarase a suspensión do contrato no caso de parto, adopción ou acollemento múltiple, en 2 días por cada filla ou fillo a partir do segundo.
  • Os 2 días de permiso gozaranse de seguido ao parto, adopción ou acollemento, non podendo gozarse no caso de coincidir co goce de vacacións.
  • Os 13 días de suspensión do contrato poderán gozarse inmediatamente despois dos dous días de permiso, durante o período que dure a prestación de maternidade ou ben inmediatamente despois a esta. Así mesmo, poderase gozar a tempo completo ou parcial.
  • A prestación económica por paternidade consiste nun subsidio equivalente o 100% da base reguladora. Durante este período seguirase cotizando a Seguridade Social.
  • O período de cotización esixido para ter dereito a prestación económica de paternidade é de 180 días nos 7 últimos anos, ou 360 días ao longo da súa vida laboral.
  • Transcorridos 6 anos dende a entrada en vigor da lei, o permiso de paternidade será de 4 semanas.
 
RISCO DURANTE A LACTANCIA NATURAL
 
  • Trátase dunha prestación equivalente a do risco durante o embarazo (100% da base reguladora) que leva consigo a suspensión do contrato de traballo, nos casos de lactancia natural de filla ou fillo menor de 9 meses, nos que se acredite que as condicións de traballo puideran influír negativamente na saúde da nai ou da filla ou fillo, e non se puidera  levar a cabo un cambio de posto de traballo.
  • A prestación extínguese cando a filla ou fillo cumpra os nove meses de idade ou cando, antes de dito período, a muller se incorpore ao posto de traballo.
  • Durante o tempo da prestación a muller seguirá a cotizar á Seguridade Social.

 
DESEMPREGO

 
  • O período de maternidade ou paternidade que se inicie durante a percepción da prestación por desemprego non se descontará da duración do tempo da súa prestación. É dicir, suspenderase o desemprego durante a situación de maternidade ou paternidade, e continuarase unha vez finalizada esta; a prestación de desemprego non se consume.
  • Cando se estea a gozar do permiso de paternidade ou maternidade e se finalice o contrato de traballo, continuarase a percibir a prestación ata a súa finalización e seguidamente poderase percibir a prestación por desemprego.
  • No caso de cesar nunha empresa na que se traballe a xornada reducida por mor de coidado de fillos ou familiares, ou por ser vítima da violencia de xénero, calcularase a prestación de desemprego contributivo tendo en conta a xornada completa, sen aplicar redución.
  • En canto ao subsidio por desemprego derivado de cese de traballo a tempo parcial, ou de esgotamento de prestación contributiva parcial, percibirase na súa contía íntegra, é dicir coma se fose derivada de xornada completa (80% do IPREM).

 
 

CONCILIACION DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

 
PERMISOS REMUNERADOS
 
  • O permiso de lactancia incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple e poderase gozar acumulado en xornadas completas nos termos previstos na negociación colectiva o no seu caso por acordo coa empresa.
  • Nos casos de intervención cirúrxica de parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade que non precisen hospitalización mais si repouso domiciliario, terase dereito a 2 días de permiso remunerado ou a 4 se require desprazamento.
  • Poderase reducir a xornada entre un octavo (antes un tercio) e a metade, para o coidado dun menor de 8 anos (antes 6) ou de persoa con discapacidade. Esta redución leva consigo a diminución proporcional do salario.

 
XORNADA DE TRABALLO

 
  • Recoñecese o dereito de adaptación da duración e distribución da xornada de traballo para a conciliación da vida persoal e familiar coa laboral, atendendo ao establecido na negociación colectiva o pacto coa empresa.
 
 VACACIÓNS
 
  • Nos casos que por mor de incapacidade temporal derivada do embarazo, parto o lactancia natural, así como do goce do permiso de maternidade, non se puidera gozar das vacacións no ano natural, poderanse gozar en data distinta.
 
EXCEDENCIAS
 
  • Amplíase a excedencia por coidado dun familiar ata 2 anos.
  • Recoñécese a posibilidade de fraccionar a excedencia non superior a tres anos por coidado de filla ou fillo, ou non superior a 2 anos no caso de coidado dun familiar ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade.
  • A excedencia por coidado de filla ou fillo esténdese aos casos de acollemento provisional.
  • Nos casos de excedencia por coidado dun menor, reservarase o posto de traballo durante o primeiro ano, ampliándose a 15 meses cando se trate de familia numerosa de categoría xeral, e a 18 no suposto de familia numerosa de categoría especial. Pasados estes prazos, a reserva queda referida a un posto de traballo no mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.
  • A excedencia por coidado de filla, fillo ou familiar, considerarase período cotizado.
  • Redúcese o prazo mínimo de excedencia voluntaria a 4 meses (antes dous anos), seguindo como requisito para a traballadora ou traballador, ter unha antigüidade mínima dun ano na empresa.

 

LEXISLACIÓN BÁSICA EN IGUALDADE

Lei 2 de 2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia (D.O.G. do 13 de abril de 2007)

 

Documento (PDF)

Lei 11 de 2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (D.O.G. do 7 de agosto de 2007)

 

Documento (PDF)

Lei Orgánica 1 de 2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero (B.O.E. do 29 de decembro de 2004)

 

Documento (PDF)

Lei 7 de 2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes (D.O.G. 3 de agosto de 2004)

 

Documento (PDF)

Lei 39 de 1999, de 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras (B.O.E. do 6 de novembro de 1999)

 

Documento (PDF)

Lei Orgánica 3 de 2007 de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes (B.O.E. 23 de marzo de 2007)

 

Documento (PDF)

Tipo:
Email:
Pass:
Rexistrar nova conta

Recuperar o password




   Aviso Legal  |  Privacidade  |  Contacto